edición da
obra gañadora
1 de xuño
por expertos
e xentes
da cultura
e extensión
libre
nova
dramaturxia
PRAZO AMPLIADO DE RECEPCIÓN DE OBRAS ATA O 1 DE XUÑO
BASES III CERTAME DE NOVA DRAMATURXIA GALEGA ACTUAL
Nos últimos anos estase a dar un florecemento do teatro e a dramaturxia en Galicia. A aparición de novos dramaturgos con ampla formación e con linguaxes innovadoras para o panorama teatral galego, está a consolidar unha nova xeración de autores recoñecidos dentro e fora da nosa comunidade.
As principais dificultades ás que se enfrontan os autores teatrais das novas xeracións do teatro galego, non só pasan pola falta de representación escénica das súas obras senón que viven unha eiva no eido da publicación e difusión da súas creacións.
Na procura de maior visibilidade dos novos dramaturgos e dramaturgas, continuamos cunha terceira edición do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual convocado pola compañía Feira do Leste e co apoio da Deputación de Pontevedra.
-
Poderán concorrer ao Certame todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega ou que a lingua maioritaria sexa o galego.
-
As OBRAS serán de temática e extensión libre. E nelas deberá procurarase o bo uso da lingua galega. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.
-
O PREMIO consta da edición e publicación da obra gañadora dentro dun volume xunto con outras pezas de dramaturgos galegos actuais. Así mesmo, o gañador recibirá 10 exemplares da obra como compensación dos dereitos de autor. Poderase outorgar o premio a varias obras ou autores se así o estima o xurado e a organización.
-
O PRAZO de presentación de orixinais comeza o 7 de xaneiro de 2021 e remata o 26 de marzo o 1 de xuño de 2021 ás 23:59h. PRAZO AMPLIADO
-
O ENVÍO das obras farase exclusivamente a través do formulario de inscrición da páxina web oficial do certame ou mediante o correo electrónico certame@novadramaturxia.feiradoleste.com. Enviaranse dous arquivos: un coa obra (con título e lema) e a plica (no que constará o nome e apelidos do autor, lema, título e breve sinopse da obra, teléfono e email).
-
O XURADO estará conformado por profesionais do teatro e do mundo da cultura e prestarán especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas. A elección das obras será anónima.
-
Os orixinais non premiados serán destruídos.
-
Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame.
-
O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.