Membros do xurado do Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual
Darase a coñecer tras o peche de recepción dos textos.
O Xurado estará conformado por profesionais do teatro e do mundo da cultura e prestarán especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas.
En pasadas edicións contamos con Cristina Domínguez (directora e docente), Areta Bolado (actriz e creadora teatral), Ernesto Is (dramaturgo e membro de Feira do Leste), Irene Moreira (Ingrávida), Vanesa Sotelo (dramaturga e exdirectora da Erregueté) e César No (membro de Feira do Leste).